O grupo Encrucillada presenta este domingo as 19.00 horas o seu disco De Volta en concerto no Teatro Jofre

Publicado:

Con case dez anos de traxectoria musical o grupo folk Encrucillada presentaba no principio do ano os temas que forman o seu novo disco que este domingo presentan en directo no Teatro Jofre, tras levar o seu musica ao longo dos últimos meses por toda Galicia. O disco titúlase De Volta e recolle unha colección de temas que nos devolven á raíz do folk máis auténtico cunha sonoridade moi coidada no proceso de gravación. O grupo foi crecendo e integrando a compoñentes desde que xurdiu a finais de 2015 para facer música tradicional galega da man de Antonio L. Lago e os irmáns Alberto e Óscar Maceiras de Fene. A eles sumouse co acordeón, Javier Rodríguez, desde San Sadurniño. Tamén a nedense Elena Díaz incorporouse en 2019 como percusionista e voz e xa o ano pasado o ferrolán Xoán Padín, uniuse como voz masculina ao grupo.

O grupo Encrucillada presenta este domingo as 19.00 horas o seu disco De Volta en concerto no Teatro Jofre

Título
O grupo Encrucillada presenta este domingo as 19.00 horas o seu disco De Volta en concerto no Teatro Jofre
Copyright
Publicado

flashback